martes, 30 de enero de 2007

rueda de prensa en Vilagarcía de Arousa

CULTURA
As rúas da cidade acollerán en marzo diversas manifestacións de arte mexicano e local
Trátase do “Proyecto Identidade”, un intercambio de artistas vilagarciáns e de Michoacán, en México, que poderán darse a coñecer en ambas cidades. O proxecto porase a andar en Vilagarcía en marzo, cando os seis artistas mexicanos visiten á cidade para intervir nos espazos urbanos a través de diversas manifestacións creativas. En maio, serán os vilagarciáns os que se despracen a Michoacán para facer outro tanto.

“Identidades” é un encontro internacional de arte contemporáneo en espacios públicos organizado polo colectivo Identidades, Arte y Comunidad. Precisamente, esa intervención urbana foi o que animou á Concellería de Cultura a colaborar coa iniciativa, seguindo á liña iniciada o ano pasado coa proposta “Códigos urbanos” de graffiti de sacar as diversas manifestacións de arte ás rúas.

Entre as obras dos artistas mexicanos que se poderán admirar do 19 ó 23 de marzo en Vilagarcía haberá arte ritual, performances, intervencións con pintura e carteis en muros, instalacións a base de obxectos recollidos na propia rúa ou mesmo unha proposta sonora con gravacións de sons da cidade. O arte local estará representada inicialmente por José Luíz Oubiña, que encherá as rúas de siluetas de xente anónima; Platis, que traballará sobre diversos muros; Dani Iglesias, que fará unha especie de vala publicitaria con fotocopias e pintura; e Marta Rial, que invadirá a cidade de ollos.

Para os artistas vilagarciáns, esta iniciativa supón unha excelente forma de amosar a súa obra en outros países, así como de coñecer as manifestacións artísticas desas outras rexións “xa que o arte do século XXI vai por aí, polo intercambio de culturas”, segundo explicou Platis. Ademais, o proxecto achegará á cultura máis creativa á xente e contribuirá a crear una cultura artística.

Os artistas locais que participan no proxecto contan coa colaboración económica da Concellería de Cultura que asume o custe dos desprazamentos, aloxamento e manutención durante a súa estancia en Michoacan

la nota completa aquí: http://www.ivilagarcia.com/novas/rtdo2.asp?idnoticia=3744

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio